Monday 13 de May de 2024

O voluntariado posibilitou a retirada de 383’85 quilogramos de lixo da praia da Corna


A campaña pobrense de voluntariado Agora é o momento! realizou unha nova acción medioambiental na praia da Corna na mañá do 12 de marzo. A xornada supuxo a retirada de 383’85 quilogramos de lixo.

A limpeza do referido areal efectuouse de maneira manual con material proporcionado polo Concello, ademais de contar coa colaboración da Protección Civil.

A concelleira do Medio Ambiente, Genoveva Hermo (Nós Pobra), relata que este é un exemplo das iniciativas de sensibilización postas en marcha pola Administración local para fomenta-la conciencia ambiental; nesta ocasión, orientada á preservación das contornas naturais e a importancia de implica-la cidadanía no coidado destas, polo cal agradece o altruísmo das persoas participantes.